Especial "Día da Paz"_CEIPP da Ramallosa (Teo) by "Radio Ramalloseir@s" published on 2023-01-27T15:24:51Z Programa gravado polos profes Manuel e Óscar, co alumnado de 4ºA de Ed. Primaria, con motivo da conmemoración desta efeméride. O 30 de xaneiro "celebramos" a importancia da paz no mundo, pero tamén incidimos noutros aspectos educativos relacionados con esta temática. Aspectos como a tolerancia, a empatía e o respecto e axuda aos nosos semellantes. Desta volta queremos dar conta tamén de persoeiros cruciais na procura da paz e nos motivos e circunstancias que propiciaron esta efeméride a nivel mundial. Actividade encadrada dentro do "Proxecto de Radio Escolar" do centro e vinculada aos diferentes equipos docentes; EDLG, Biblioteca escolar, TIC´s, Extraescolares, Convivencia,... Músicas: KAREYC "Te Wa Vouan Ne Ma" ANDERSON "La máquina de escribir" JOHN LENNON "Imagine". Adaptación musical ao galego con ukelele. Unha proposta da Área de Ed. Musical e o EDLG do centro. Genre Cultural